Nós tamén somos Mari Carmen

O día 6 de outubro, ás 7 da tarde Santiago saíu ás rúas baixo o lema “A vivenda é un dereito, non un negocio”. Facendo unha sonora denuncia das institucións públicas como cómplices da especulación e o xogo dos chamados fondos voitre, é dicir, aqueles monopolios financeiros, tanto foráneos coma estatais, que fan negocio coas necesidades máis básicas do pobo trabalhador. Mentres, non deixan de medrar os gastos en armamento e en financiar guerras imperialistas; gastos para a morte, roubados ós medios de vida: vivenda, sanidade, educación…

         Estoume a lembrar dun antigo escrito que fixera sobre o Concelho da Corunha, no cal encontro un certo paralelismo á inversa entre aquilo e o que agora se nos está a vender como democracia ó pobo trabalhador.

         As xuntanzas do Concelho corunhés, entre os séculos XII-XIV, realizábanse no pórtico da igrexa de Santiago. No XV e comezos do XVI,  facíanas no primitivo convento de San Domingos, extramuros da cidade velha, próximo á parte da muralha, onde se achaba a porta de Aires.

         A primeira casa propia que tivo foi na praza da Farinha, hoxe de Azcárraga. En 1835 fixo o traslado a un grande edificio sito na rúa da Franxa e de alí, en 1838, pasou ó convento de Santo Agostinho, habilitado para este fin.

         Diferentes proxectos foron pensados antes de dotar a capital dun pazo do concelho digno da súa importancia; obras que comezarían na praza de María Pita en 1904.

         En Espanha hai cada día uns 50 desafiuzamentos, mentres os bancos continúan sen devolver os cartos que lhes deu o Estado despois de nolos roubar a toda a cidadanía, pero, como dicía o grande escritor francés Victor Hugo, “o paraíso dos ricos é o inferno dos pobres”; e, para que isto sexa así, existe un parlamento que non deixa de fabricar leis á súa medida, que son leis especiais, contrainsurxentes e antipopulares: a lei mordaza, a lei para ilegalizar os partidos políticos que lles convén etc.

         Para iso teñen un exército de plumíferos encargados de crear mentiras, un corpo xudicial para asinar sentenzas … mentres a clase  obreira, as traballadoras e trabalhadores organizados fóra de tódalas montaxes da burguesía, non bote fóra os monopolios e o seu réxime de lacaios que componhen o  sistema “democrático”, continuaremos sen ter un sistema realmente democrático e ó servizo do pobo.

         Así que nesta xornada dedicada á deusa Venus remato coa típica sentenza de “Xuntos seremos invencibles”.

Fernando Biqueira

         Estamos nas rúas os avós e as avoas, as familias coas súas crianzas e, por enriba de todo, a nosa xuventude. En toda a nosa nacionalidade. En Coruña e Santiago, en Ourense, en Pontevedra e Vigo. Somos moitos. Moitísimos. Prodúceme alegría e satisfacción ver como os nosos netos toman o relevo. E estamos aí non só pola vivenda. Tamén saímos en defensa da sanidade e do ensino públicos, en defensa dunhas mellores condicións de vida e de traballo e pola expropiación de fondos voitres. Berramos consignas como “Aquí están os antifascistas”, “Non pasarán”, “Fora fascistas dos nosos barrios”, «Menos luces e máis vivendas», “Que viva a loita da clase obreira”, “Vergonza me daría ser policía”, “Non podemos facer as paces, isto é loita de clases”, “Ao caseiro que especule, lume, lume, lume”, “Defendamos as nosas casas, defendamos a nosa clase” e outras moitas máis. Tamén había pancartas con lemas como “Vivendas públicas en réxime de aluguer social”, “Acabemos co negocio da vivenda”… Estamos nas rúas na denuncia do goberno e das institucións do réxime que non representan nin defenden os nosos intereses: os intereses da clase obreira e das masas populares. Isto é un paso adiante importante pois empezamos a unir as diferentes loitas. Pero aínda faltan reivindicacións importantes (algunhas delas xa presentes nas acampadas) como a derrogación da Lei Mordaza e o resto de leis represivas, a disolución do tribunal de excepción da Audiencia NAZIonal, a autodeterminación para Galicia Euskal Herria e Catalunya, a AMNISTÍA TOTAL para os presos políticos antifascistas, comunistas, anarquistas, pois eles están encarcerados por loitar en defensa de todas e cada unha destas reivindicacións.

         Faltan reivindicacións para sumar á nosa lista de exixencias e falta tomar plena conciencia de que todas estas reivindicacións e as loitas nas que participemos teñen que ter como perspectiva que isto só poderemos arrincalo ao réxime se tamén loitamos por acabar con este sistema corrupto, explotador e represivo. Nós temos que pelexar cada día pola República Popular e o socialismo, ao tempo que o facemos polas reivindicacións máis inmediatas.

A avoíña

Categories:

Descubre más desde Lume no pazo

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo